XNINO - Xornadas de Novos Investigadores do Noroeste

QUE É?

  
XNINO é o acrónimo que sintetiza o título das Xornadas de Novos Investigadores do Noroeste. Un encontro bianual que xurde no 2010 promovido polo Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV), promocionado pola Asociación de Licenciados e Estudantes de Historia de Ourense (ALEHOU) e a Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo. Entidades que coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Facultade de Historia dan a posibilidade a novos investigadores de todo o mundo a presentar e publicar os seus traballos sobre o noroeste da Península Ibérica.

QUE PROCURAMOS?

  XNINO xurde cun obxectivo dual de formación e difusión, propósitos que procuran dar resposta as necesidadas específicas tanto dos estudiantes de Historia nas súas diferentes modalidades (grao, licenciatura, máster...) como do propio colectivo investigador, carentes dun foro de encontro regular onde expoñer os seus traballos á crítica constructiva dos seus "colegas" de profesión. Con tal, consicentes desta problemática, as xornadas xurden como plataforma de difusión e palestra de encontro dos novos investigadores para transmitir os seus traballos tanto ó público especializado como a calquer interesado na temática.
 XNINO pretende actuar de altofalante para que estas comunicacións sexan escoitadas e valoradas por un maior número de oíntes. Por unha banda, a modalidade de Mesa Redonda do encontro
permitirá a cada investigador presentar ó resto o seu traballo, nun tempo nunca superior ós 45 minutos, para que posteriormente o grupo de especialistas da mesa primeiro e outros asistentes -alumnado, profesionais...- despois, fagan as recensións que consideren oportunas. Dilixencia que permitirá implementar unha palestra ideal de contacto entre investigadores presentes e futuros.
 Por outra banda, gracias a colaboración da Vicerreitoría de Innovación e calidade/ Servizos informáticos de Investigación da Universidade de Vigo e 
a Revista Interdisciplinar de Historia y Arqueología del Mediterráneo-HERAKLEION, tódalas conferencias serán gravadas pola UVigo Televisión e publicadas en formato dixital na serie Anejos Herakleion podendo ser visionadas e descargadas no futuro por tódolos usuarios da rede interesados na temática tratada. Achegando así a investigación á sociedade en xeral 
cun novo modelo de transmisión máis atractivo.

QUEN PODE PRESENTAR COMUNICACIÓN?
 Poderán presentar comunicación tódolos investigadores "non doutores" ou "doutores recentes" que centren a súa pescuda no noroeste da Península Ibérica nunha temática afín ó monográfico da edición. A organización resérvase o dereito de selección de participantes. 
QUEN PODE ASISTIR Ó ENCONTRO?
 Poderán asistir ó encontro  tódolas persoas interesadas na temática que cumplimentaran en tempo e forma a preinscrición telemática nos medios dipostos para tal. A organización resérvase o dereito de selección de asistentes en función do aforo da sala de conferencias.

XNINO 2010
 As xornadas que se celebraron por vez primeira na Facultade de Historia do Campus de Ourense nos días 18 e 19 de novembro de 2010, baixo o epígrafe Arqueoloxía e Territorio, pretendían dar saída e constituír un foro de posta en común das numerosas investigacións de índole territorial presentes na arqueoloxía galega na actualidade. Este encontro permitía concentrar na cidade de Ourense  un gran número de especialistas chegados dende diferentes universidades e institucións tanto do estado español (Universidade de Santiago de Compostela,  Autónoma de Barcelona, LaPa (CSIC-Santiago), Instituto de Historia (CSIC-Madrid), Deputación de Pontevedra, Museo Arqueolóxico de Ourense...) como doutros países (Universidade do Minho, University College Cork, London University...).

PROGRAMA

XOVES 18 de novembro
 09:30 h. Acto inaugural
              Dra. María Lameiras Fernández  (Vicerreitora do Campus de Ourense)
           
              Dra. Milagros Cavada Nieto (Decana da Facultade de Historia de Ourense)
              Dr.   Fermín E. Pérez Losada (Director das xornadas)
 10:00 h. MÓDULO A: SIX e territorio no estudio da Prehistoria, Protohistoria e Historia Antiga do NO.
Moderador: Martín Xosé Vázquez Mato (Universidade de Vigo)
 1.        Aplicacións dos SIX na análise de depósitos do Bronce Final do NO.
Manteiga Brea, Alejandro (University College Cork)
2.        Decisións estratéxicas na Idade do Ferro: localización de poboados dende a óptica da “Rational Choice.
Barandela Rivero, Israel (Universidade de Vigo) & Rivero Rodríguez, Gonzalo (Instituo Juan March de Estudios e Investigaciones de Madrid)
12:00 h. PAUSA/ CAFÉ
3.        Monumentalidade e territorialidade de dous oppida do NO: Lesenho e Briteiros.                 
Cruz, Gonçalo (Sociedade Martins Sarmento), Fábrega-Álvarez, Pastor & Fonte, Joâo (Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas)
4.        Unha aproximación á construcción do territorio na Gallaecia romana a través do estudo da movilidade.
Güimil-Fariña, Alejandro (Laboratorio de Patrimonio-USC)

14:00 h. XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN
 16:00 h. MÓDULO B: Territorio, poboamento e estructuración social do NO ó abeiro dos asentamentos tipo castro.
Moderadora: Beatriz Comendador Rey (
Universidade de Vigo)
 1.        Arte esquemática e hábitat tardoantigo no castro do Castillón (Santa Eulalia de Tábara, Zamora).
Sastre Blanco, José Carlos (
Grupo de Investigación y Difusión Sobre el Patrimonio Arqueológico Protohistórico de la Provincia de Zamora/ Asociación Científico Cultural Zamora Protohistórica)
2.        Aproximación ao estudo dos castros costeiros de Galicia. Castros Costeiros de Ribadeo, Barreiros e Foz (Lugo).
Maañón, Luis (REVVE ARQUEOLOXÍA S.L.)
18:00 h. PAUSA/ CAFÉ
3.        O sitio arqueolóxico de A Lanzada, retrospectiva e novidades.
Rodríguez Martínez, Rafael M. (Deputación de Pontevedra)
4.        Os castros de Neixón: paisaxe, sociedade e territorio ao longo da Idade do Ferro.
Ayán Vila, Xurxo (Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas)
 

VENRES 19 de novembro
 10:00 h. MÓDULO C (sesión de mañá): Gallaecia romana: a construcción dun territorio.
Moderador: Adolfo Fernández Fernández (
Universidade de Vigo)
 1.        Transformacións sociais e espaciais no val do Baixo Miño: ss. II a.C.- II d.C.
Currás Refoxos, Brais X. (Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC)
2.        O papel das augas mineromedicinais na organización do territorio en época romana. Consideracións ó respecto.                             
González Soutelo, Silvia (Universidad Autónoma de Barcelona)
12:00 h. PAUSA/ CAFÉ
3.        Bracara Augusta, a construcción dun espacio urbano.
Magalhâes, Fernanda & Ribeiro, Jorge & Vilas Boas, Cristina (Unidade de Arqueologia, Universidade do Minho)
 
14:00 h. XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN
 16:00 h. MÓDULO C (sesión de tarde): Gallaecia tardoantiga: a transformación dun territorio.
Moderador: Manuel Grande Rodríguez (
Universidade de Vigo)
4.        Algunhas reflexións sobre a articulación territorial na Gallaecia tardoantiga.
Sánchez Pardo, José Carlos (Fundación Española para la Ciencia y Tecnología – University of London)
5.        A necrópole rupestre de San Vítor (Barxacova, Parada de Sil): grandes necrópoles en espazos deshabitados.
Nieto Muñiz, Eduardo-Breogán & Rodríguez Muñiz, Víctor (Breogán Arqueoloxía – Universidade de Vigo)
18:00 h. PAUSA/ CAFÉ
6.         Arqueoloxía tardoantiga e altomedieval en Galicia: investigando nas orixes das sociedades medievais galegas.
Rodríguez Resino, Álvaro. Departamento de Historia I (Universidade de Santiago de Compostela)
 20:00 h. Acto de clausura
Fermín E. Pérez Losada – Director das Xornadas (Prof. Tit. Univ. de Vigo)